Fotografía 5.


Eu durmía
e soñaba
que a vida era
alegría.
Despertei
e vin
que a vida
era servizo.
Servín
e vin
que o servizo
era alegría.

Fotografía 4.


Falo coa miña fala vagamunda,
cos berros das mulleres no parto,
coa voz de cada condenado deste mundo,
de cada exiliado da vida.

Fotografía 3.


Está lonxe Santiago, está no fin dunha esperada chegada naqueles que máis o cren; pero o seu amor tamén o levan nos pés, co da gran marcha entre o ceo e a terra, coa súa fe.

Fotografía 2.


No parque da Alameda pódese ver unha estatua que representa a dúas mulleres chamadas "As dúas Marías" ou "As dúas en punto" porque saían tódolos días ás dúas para pasear pola Alameda, onde flirteaban, a pesares da súa avanzada idade, cos estudantes que estaban de camiño para comer. Se pensaban sempre xóvenes e saían con roupas de cores vivas e con moita maquillaxe, sempre xuntas.
Os seus nomes foron Corelia e Maruxa. Corelia morreu antes, pero Maruxa nunca saliu soa sin a súa irmá, e morreu só uns meses despois.

Fotografía 1.


En Compostela á chuvia díselle arte, unha arte fina, húmida e penetrante que impregna a universal urbe dunha beleza que a veces toma a forma do barroco, outras do románico, do gótico ou ata do plateresco... Se enche dun perfume de liquen, ácido coma o fondo da alma galega, cada un dos recunchos e rúas da vila.